
Así transcorrerá a xornada de festa:
- Ás 12.00h Misa solemne na honra dos percebeiros/as falecidos/as. Igrexa nosa señora dos Remedios de Corme. Misa cantada pola Coral Brisas do Mar.
- A partires das 12.30h xa se poderá comezar a comprar os tickets para percebe, pulpo e empanada.
- A partires das 13.00h pasarrúas da Charanga Os Kilomberos de Monte Alto e o Grupo de Gaitas Donaire da coruña.
- Ás 13.30h pregón a cargo de Ramón Pombo Castro, Bergantiñán do ano 2011. Na praza da Ribeira. Apertura do recinto de degustación.
- Ás 14.00h Comezo da festa con sesión de DJ na Praza da Ribeira durante todo o día.
Lembramos que a organización contará con parking gratuíto e unha gran carpa, por se o tempo non quixera acompañarnos.
Gústame esto:
Gústame Cargando...