Grazas!!

A organización da XX Festa do Percebe darvos as grazas a todos os que fixéchedes posible a Festa do Percebe. Tamén a todos os que asistíchedes ao evento, á pesares da climatoloxía. Con xente coma vós, a Festa ten larga vida. Moitísimas grazas!!

Advertisements

Chega o primeiro percebe da Festa

A organización xa comezou a compra de percebe, e hoxe á mañá escollían na lonxa cormelán. Á vista das imaxes, o percebe que ofrecerá a organización será de calidade na XX Festa do Percebe do Roncudo.

Programa da festa

Así transcorrerá a xornada de festa:

  • Ás 12.00h Misa solemne na honra dos percebeiros/as falecidos/as. Igrexa nosa señora dos Remedios de Corme. Misa cantada pola Coral Brisas do Mar.
  • A partires das 12.30h xa se poderá comezar a comprar os tickets para percebe, pulpo e empanada.
  • A partires das 13.00h pasarrúas da Charanga Os Kilomberos de Monte Alto e o Grupo de Gaitas Donaire da coruña.
  • Ás 13.30h pregón a cargo de Ramón Pombo Castro, Bergantiñán do ano 2011. Na praza da Ribeira.  Apertura do recinto de degustación.
  • Ás 14.00h Comezo da festa con sesión de DJ na Praza da Ribeira durante todo o día.

Lembramos que a organización contará con parking gratuíto e unha gran carpa, por se o tempo non quixera acompañarnos.